Ahtec anuncia o seu propio clon do MSI Wind

luns, 2 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Anuncio do NetBook N011 aparecido na web de Ahtec

Ahtec amosou na súa web un portátil chamado NetBook N011 que estará dispoñible en breve, e que parece ser un clon do agardado MSI Wind, e que podería indicar que o fabricante de tal ultraportátil podería apostar por distribuidores locais para levar o seu equipo a todo o mundo.
O Ahtec NetBook N001 contará cun procesador Intel Atom a 1,6 GHz, 1.024 Mb de RAM, 80 Gb de disco duro, unha pantalla de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, Wi-Fi, lector de tarxetas, 3 portos USB, porto Ethernet, saída de VGA, webcam, Bluetooth e un peso de só 1,2 quilogramos.

PUBLICIDADE