Alberto Granados, presidente de Microsoft España, reúne a máis de 100 directivos e directivas en Santiago
venres, 16 de xuño do 2023
A
Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Xunta de Galicia
celebraron no Hotel Monumento San Francisco de Santiago, este venres
16 de xuño, o encontro Redescubrindo a Intelixencia Artificial,
abeirado ao programa Capacita Directivos e coa colaboración do
Círculo de Empresarios de Galicia e Nordés Club Empresarial.
O
Patio de Cristal do Hotel Monumento San Francisco acolleu a máis dun
centenar de directivos de empresas galegas, que tiveron ocasión de
escoitar o relatorio de Alberto Granados Camarón, presidente de
Microsoft España, que compartiu cos asistentes o uso da Intelixencia
Artificial e o seu potencial para revolucionar as empresas, con
Microsoft como exemplo.
Ao
longo da súa charla, Alberto Granados destacou que “a IA está a
converterse nun factor clave para potenciar as capacidades humanas e
impulsar a creatividade e a innovación”. O presidente de Microsoft
en España incidiu en que “esta nova xeración de IA non só nos
axuda a procesar información, senón a razoar sobre ela. É
semellante a contar cun copiloto que nos axuda nas nosas tarefas,
desde as máis cotiás ás máis complexas, no noso traballo ou nos
grandes desafíos aos que temos que enfrontarnos, como o cambio
climático ou a investigación científico”.
O
obxectivo de Microsoft é, en palabras do seu presidente
“democratizar o acceso á IA de xeito que calquera poida
beneficiarse desta tecnoloxía”. Neste sentido, Alberto Granados
asegurou que este obxectivo “pasa por un compromiso humanista e
ético que asegure que a innovación poña á persoa no centro e poña
o foco en amplificar as capacidades humanas, non en substituílas”.
Trala
intervención de Alberto Granados, o encontro acolleu unha mesa
redonda baixo a moderación de Fernando Suárez, presidente do CPEIG;
na que participaron os directivos Dora Casal, directora executiva de
Roberto Verino; e Agustín Rodríguez, CFO de Gadisa. Os tres
relatores explicaron como afrontan o novo reto tecnolóxico desde as
súas respectivas entidades, prestando especial atención a cuestións
como o metaverso, a Intelixencia Artificial xenerativa e outras
tendencias de gran impacto para as empresas.
Os
relatores da mesa coincidiron en que a resposta á revolución
tecnolóxica é “contar cun equipo innovador, con talento e
resiliente, que non lle teña medo ao cambio”; destacando algúns
dos últimos proxectos impulsados polos seus equipos.