Alertan do uso de IA nas dobraxes de Prime Video
luns, 27 de maio do 2024
AÃnda que é bastante habitual que nas plataformas dixitais estreen series de televisión e pelÃculas do Xapón e Corea do Sur sen dobrar ou cunhas dobraxes de moi baixa calidade, nos últimos meses en Prime Video incluÃron nalgunhas das súas series coreanas unha dobraxe en español latino que chamou bastante a atención pola súa pouca expresividade, o que leva a denunciar que están a empregar a intelixencia artificial para a dobraxe (detalle sen confirmar pola compañÃa).
AÃnda que o tÃtulo que está a chamar máis a atención é a comedia romántica Mi chico es cupido, aseguran que o mesmo tipo de dobraxe tamén está presente en series como Fiel al amor e El latido de mi corazón, o que está a suscitar a polémica, xa que supón unha clara destrución de emprego e caÃda do nivel de calidade das dobraxes.
Resulta curioso ver como, en contraste, os subtÃtulos si están correctamente localizados ao español de España, polo que poderiamos entender que estamos ante series que, de non subtitularse mediante unha solución de baixo custo, estarÃan dispoñibles unicamente na súa versión orixinal.
Deixando a un lado cuestións técnicas e éticas sobre o uso da IA, o que parece preciso é que se especifique cando unha pista de audio está xerada sinteticamente, para que os consumidores tomen a decisión informada entre escoitar a versión orixinal ou optar por unha versión de baixa calidade, conscientes de que realmente non atoparán unha interpretación real das palabras que se pronuncien.
