Alice.com chegará a España en setembro
luns, 18 de xullo do 2011
A
plataforma de comercio electrónico norteamericana Alice.com e a empresa
española Home 24x7 veñen de fusionarse para perseguir o liderado do mercado en
liña de produtos de grande consumo, de xeito que en setembro estrearan unha tenda baixo o dominio Alice.es que competirá
directamente cos hipermercados e ofrecerá gastos de envÃo de balde para pedidos
de máis de 120 euros.
Estamos ante unha
operación moi pouco común, xa que pártese dunha fusión dunha empresa española
con outra norteamericana antes incluso da súa saÃda ao mercado, destacando fronte
aos seus competidores (como Ulabox) por ter
presenza en EE.UU. e Europa, sendo España o paÃs no que iniciará o desembarco europeo
de Alice, compañÃa que nos
EE.UU. achega aos seus clientes 500 marcas como Kelloggs, Johnson &
Johnson, Nestlé e Bayer, funcionando case como unha venda directa por parte dos
fabricantes con prezos competitivos, promocións, cupóns… que chegan de xeito áxil
ao fogar grazas a acordos con FM Logistic e SEUR.
- A nova web de comercio electrónico funcionará baixo o dominio Alice.es