Amazon abre tenda de drons para Norteamérica
martes, 9 de setembro do 2014
Semella que a aposta de
Amazon polos drons vai en serio e é firme. A macrotenda en liña, ao
fÃo deste interese polos vehÃculos aéreos non tripulados, xa levou
a cabo probas para iniciar a distribución de produtos mediante estes
aparellos tecnolóxicos (tal
e como sinalamos no mes de xullo dende Código Cero), ao que
cómpre engadir a
posta en marcha dunha sección especÃfica centrada na venda de
drons. Os prezos destes oscilarÃan entre os 99 e os 1.000
dólares. Falamos de Drone Store e nela podemos acceder a unha chea
de modelos, dende o máis simple, até o máis complexo.
A tenda complétase cun
longo catálogo de complementos, unha folla de ruta para consumidores
e máis unha declaración de responsabilidade para os interesados
nestas tecnoloxÃas (incluÃndo consellos básicos e especÃficos de
seguridade). Polo de agora, a sección só está aberta para o
mercado de Estados Unidos. Como sinalamos en xullo, a aposta de
Amazon polos drons formalizouse a través dunha solicitude oficial ao
organismo gobernamental norteamericano competente (a FAA) co fin de
obter autorización legal para
iniciar as probas do seu sistema de drons de reparto nas súas
propias instalacións. Amazon arrincou con aparellos con
capacidade para voar máis de 80 quilómetros por hora e cargar con
máis de 2,27 quilogramos (o que cubrirÃa o 86% dos produtos
vendidos por Amazon).