Ampla presenza de empresas tecnolóxicas na Feira de Emprego da Cámara da Coruña
xoves, 2 de novembro do 2023
A XIV edición da
Feira
de Emprego da Cámara da Coruña, que terá
lugar o 7 de novembro no recinto PALEXCO, reunirá a máis de 70 empresas á
procura de novos talentos profesionais. As candidatas e candidatos
terán ocasión de presentar os seus currículos e entrevistarse cos
responsábeis de Recursos Humanos destas compañías que, en total,
suman máis de 200 ofertas de emprego activas en sectores como o de
alimentación, metal, comercio, servizos, sanitario ou tecnolóxico
(TIC), entre outros. O sector TIC contará cunha ampla
representación, por exemplo a través de CIE, Disashop, Tecdesoft,
Texas Controls ou a consultora tecnolóxica Nunegal, entre outras.
En
total, as empresas que xa confirmaron a súa participación nesta
edición son: Abanca, Aena, APECCO, Applus, Arba Enerxía, Arce
Clima, Areté, ASEB (Asociación de Empresarios de Bergondo),
Carrefour, CIE Tecnoloxías, Citanias, Clece (Grupo Clece), Disashop,
Domusvi, Ecomt (Grupo Abeirar), El Corte Inglés, EOS Spain, Flying
Tiger, FUAC (Fundación Universidade da Coruña), Fundación Equipo
Humano, Fundación NARU, Gadisa, Genesal Energy, Gi Group, GOC
Consultoría e Enxeñería, Greenalia, Grupo Aluman, Grupo Calvo,
Grupo Clave, Grupo Eulen, Grupo Eulen-Flexiplan, Grupo Externa, Grupo
Gasthof, Grupo Gestán, Grupo Inverdama, Grupo Konecta, Grupo Malasa,
Grupo Soledad, Horta Coslada, Iman Temporing, Incoga, Insere
Fundación ONCE, Instra Enxeñeiros (Grupo Abeirar), Integra Cee,
Inusual, Xoierías José Luis, Leroy Merlin, LN Consultores, Luckia,
Ministerio de Defensa, Norconsulting Recruitment, Nordés Ancín
(Grupo Abeirar), Nortempo, Northius, Nunegal Consulting, Osmos, Pacto
ETT, Recambios Barreiro, Repsol, Samaín (Grupo Clece), Santa Lucía,
Synergie ETT, Tecdesoft, Temporing, Texas Controls, Vegalsa -Eroski e
Zemsania.
Obradoiros
de empregabilidade
A
xornada está deseñada para que os mozos poidan asistir tamén a
obradoiros nos que se abordarán “estratexias útiles para
participar en procesos de selección”, en palabras da Camara.
Por
unha banda, Elisa Rodríguez, socia-directora en Pimtalent, falará
sobre a importancia do traballo nas competencias persoais. Ademais,
Marta Dosil, área xestor de Iman Temporing ETT, explicará cales son
os perfís máis demandados e as dificultades que as empresas de
selección de persoas están a atoparse na actualidade.
Durante
toda a xornada estará dispoñíbel un servizo de asesoramento para
aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa
dirixirse e optimizar así a súa participación neste encontro.
As
persoas interesadas poden inscribirse, de forma gratuíta, na
web da Cámara ou solicitar información chamando ao 981 21 60
72, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Ademais,
a organización poñerá á súa disposición un servizo de autobús
gratuíto que partirá do Centro de Formación da Cámara (rúa
Mendaña de Neyra, 8), na Coruña.
A
Feira de Emprego do PICE enmárcase no Sistema Nacional de Garantía
Xuvenil do Ministerio de Traballo e Economía Social e está
co-financiada pola Unión Europea.