Android incrementa os seus ingresos por aplicacións en España
xoves, 16 de xaneiro do 2014
- Reparto de ingresos en España durante os últimos 6 meses
A
holandesa Distimo está a analizar o mercado das aplicacións móbiles, dando
conta dunha rechamante tendencia en España: os
ingresos a través de Google Play están a dispararse, superando aos da App Store
nalgunhas aplicacións.
Nos últimos anos, pese a que Android é o sistema operativo móbil dominante, os
desenvolvedores continuaban a apostar por iOS por ser a plataforma máis
rendible, pero pouco a pouco o peso económico dos dispositivos baseados no
sistema operativo de Google vai incrementándose, chegando a superar a Apple en
paÃses asiáticos como en Corea do Sur, o que pronto poderÃa pasar en España, se
atendemos a aplicacións como Los Simpson:
Springfield, Top Eleven, Pet Rescue Saga, Megapolis, Angry Birds Go!
ou LINE, que no noso territorio están
a xerar máis ingresos a través de Google Play que da App Store. De feito, os
únicos paÃses do mundo nos que durante o Nadal Angry Birds Go! ingresou máis en Android que en iOS foron España e
Corea do Sur.
Durante 2013 o volume de ingreso a través de aplicacións en España pasou de vir
un 18,2% de Android no mes de xaneiro a un 39,5% en decembro, polo que quedarÃa
pouco para superar a iOS de xeito xeral, demostrando que, aÃnda que cada usuario
de iOS gasten moito máis que cada usuario de Android, a aposta por chegar a un
público maior deste último pode chegar a compensar.