Apple comercializa libros narrados mediante sÃntese de voz
xoves, 5 de xaneiro do 2023
De
xeito discreto Apple está a integrar na súa tenda de libros electrónicos unha
tecnoloxÃa de narración
baseada en voces sintéticas, buscando asà reducir a fenda entre os
libros electrónicos e os audiolibros, de xeito que pequenos editores e autores
independentes poden ofrecer a súa obra en formato sonoro, aparecendo a obra coa
etiqueta de Narrado por Apple Books.
Este formato de audiolibro xerado automaticamente está a canalizarse
actualmente a través de Draft2Digital
e Ingram CoreSource,
e actualmente limÃtase a textos en inglés. Para poder participar neste programa
é preciso que o libro electrónico estea dispoñible en Apple Books, que o
responsable da publicación teña os dereitos para poder producir o audiolibro e
que a categorÃa do libro sexa romance ou ficción (o sistema de narración aÃnda
non está adaptado para historias de misterio, thrillers e aventuras
fantásticas ou de ciencia ficción).
A plataforma de Apple permite definir a portada, a descrición e a data de
lanzamento dos audiolibros narrados por Apple Books, podendo elixirse tamén
entre as distintas voces das que dispón a plataforma en función do xénero do
libro (pois a narración é bastante diferente entre unha novela romántica e unha
obra de non ficción).
Esta tecnoloxÃa está moi lonxe de competir coa narración humana, pero é unha
solución moito máis accesible para publicacións modestas, quedando agora por ver
como evoluciona nos distintos xéneros literarios e cos moitos idiomas e acentos
que hai no mundo para que as narracións automáticas resulten agradables de
escoitar.