Apple podería ingresar uns 1.000 millóns de dólares/ano por usar Google en iOS

luns, 12 de marzo do 2012 Marcus Fernández

As buscas web en dispositivos móbiles realízanse normalmente a través dun buscador establecido inicialmente polo fabricante do dispositivo ou do seu sistema operativo, de xeito que os móbiles con Windows Phone veñen configurados para empregar Bing e os de Android fan o propio con Google pero, ¿por qué Apple dá preferencia a Google como motor de busca? Pois o analista Ben Schachter de Macquarie vén de desvelar que as buscas de Google dende a versión móbil do navegador Safari suporían para Apple uns ingresos de preto de 1.000 millóns de dólares durante 2011.
Aínda que Apple puidese chegar a un acordo máis beneficioso con outras compañías, os analistas consideran que iso sería menos probable, pois a curto prazo danaría moi pouco a Google, pero suporía unha perda de calidade para Apple (pois os competidores de Google aínda non achegan resultados de boa calidade). A longo prazo a situación podería ser bastante diferente, especialmente polo crecemento do iPad, que cada vez ten máis importancia no tráfico web, polo que de optar por un buscador alternativo podería supor un duro golpe para Google.

PUBLICIDADE