Apple triplica a cota de mercado de Android nos EE.UU.
luns, 7 de xuño do 2010
Pese a
que o NPD Group aseguraba que nos EE.UU. os
móbiles con Android superaban en vendas aos iPhone, Nielsen vén de publicar
uns datos totalmente diferentes (ou, canda menos, matizados), que parten do feito de que o 23% dos usuarios norteamericanos
de móbiles xa teñen un smartphone no
primeiro trimestre de 2010 (o que supón un importantÃsimo aumento con respecto
ao 16% que rexistraban no segundo trimestre de 2009) e o
iPhone conservarÃa o seu segundo posto neste mercado co 28% dos teléfonos
avanzados (por detrás do 35% que consegue RIM coas súas BlackBerry),
mentres que Android ten que conformarse cun 9% de cota (sorprendentemente por
debaixo de Windows Mobile).
Pero hai que advertir de que estamos a falar de cotas de mercado, non de vendas
na actualidade, de aà que Android aÃnda non teña moita presenza (esta
plataforma leva no mercado pouco máis de ano e medio) pero si está a asentarse
con firmeza, coma demostra o feito de que o 70% dos usuarios de Android teñan
pensado adquirir outro móbil con Android no futuro, o que está moi preto do 80%
de fidelidade que proclaman os usuarios de iPhone OS, mentres que BlackBerry só
ten un 47% de usuarios que manterán a súa aposta por RIM e Windows Mobile que
só reterÃa ao 34% dos usuarios.
