As Google Glass xa poden mercarse nos EE.UU. sen invitación
mércores, 14 de maio do 2014
Hai pouco puidemos ver como as populares lentes de Google se
ofrecían durante 24 horas ao público xeral nos EE.UU., de xeito que xa non era
precisa a invitación para poder facerse cunhas Glass, pero esta oportunidade
por tempo limitado deixa de serlo, e o proxecto Google Glass podería
considerarse agora en beta pública, xa que o Programa de
Exploradores queda aberto a calquera nos EE.UU. que estea disposto a pagar
os 1.500 dólares que custa o trebello que só custaría 152,47 dólares en
compoñentes (aínda que a
compañía que fixo este cálculo lembra que os produtos non custan a suma das súas
partes, pois precisan de software e dun custoso proceso de investigación e
desenvolvemento).
Con este cambio na política de distribución das Google Glass búscase ten un
maior campo de probas para o que podería chegar a ser un produto comercial a
finais de ano ou para o ano que vén, e o feito de que estean a facilitar o
facerse co modelo actual tamén podería ser o preludio do lanzamento dunha nova
versión, máis próxima do que sería o dispositivo final.
- Hai poucas semanas presentáronse as Google Glass nun par de eventos galegos