As Lanzadeiras galegas queren máis emprego inclusivo e máis apoios ao emprendemento
xoves, 24 de novembro do 2016
O
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia acolleu
este xoves 24 de novembro un foro de emprego organizado polas
Lanzadeiras laborais
de Compostela, Redondela e Marín. O
evento, desenvolvido baixo o título Sinerxías para o
emprego, xuntou
arredor de medio cento de persoas, entre participantes destas
palestras de emprego, por unha banda, e empresarios e responsábeis
de recursos humanos, pola outra. Como recordaremos, as Lanzadeiras de
Emprego son unha iniciativa da Fundación
Telefónica e da
Fundación Santa María A Real para impulsar a
nivel estatal e nas comunidades
a capacitación innovadora e tecnolóxica dos
profesionais de cara ao mercado de contratación.
No
encontro de hoxe, boa parte dos relatores coincidiron en reclamar
máis medidas das administracións para favorecer o emprendemento.
Neste
punto, a Fundación Telefónica salientou a súa experiencia con
Think Big (programa
de innovación social para mozas e mozos de idades entre os 15 e 25
anos) e Telefónica Open Future
(macro-iniciativa para o impulso de novos proxectos TIC na que se
insire o centro de crowdworking
Galicia Open Future).
Asemade,
na
xuntanza fíxose
fincapé na necesidade de crear un sistema económico-laboral máis
inclusivo (que
non deixe a ninguén fóra por razóns de idade, procedencia, sexo,
experiencia ou
características funcionais, cognitivas ou motrices)
e de reforzar as canles de comunicación, actividade e interrelación
entre as universidades e o sector empregador.
A
cita, como dixemos, veu da man das Lanzadeiras de Compostela,
Redondela e Marín. O obxectivo dos seus participantes con este foro
foi triplo: darse
a coñecer como profesionais cun talento renovado; contactar de forma
directa con empresarios e recrutadores; e acadar
unha nova oportunidade laboral.
No
encontro participaron (entre
outros) os responsábeis
na nosa terra do Programa Santander-Yuzz e, tamén, os impulsores da
Corporación Noroeste e o portal de emprego Galejobs. O programa
incluíu unha sesión de
networking
e a presentación de tres
iniciativas postas en marcha ao abeiro das Lanzadeiras
de Emprego de Redondela, Marín e Santiago. Falamos de Re[d]lánzate,
Red Marín e SCQ Adiante.
Lanzadeiras
galegas
As
palestras laborais de
Redondela, Marín e Santiago,
xunto coas de Lugo, Ourense e Arteixo, forman
parte da edición galega das Lanzadeiras de Emprego, unha
iniciativa da Fundación Telefónica, a Fundación Santa María A
Real e máis a Xunta
para ampliar e reforzar a
empregabilidade da poboación potencialmente activa da nosa
Comunidade e do resto do Estado.
Como
recordaremos, as iniciativas de Santiago de Compostela, Redondela e
Marín comezaron a funcionar a finais de xuño para axudar a 71
persoas desempregadas a adestrar unha innovadora procura de traballo
(colectiva,
solidaria, proactiva e con novas ferramentas)
“acorde ás necesidades que presentan as empresas hoxe en día”.