As Oculus Rift poderán funcionar en ordenadores que custen menos de 1.000 dólares
venres, 25 de setembro do 2015
Estes dÃas está a
celebrarse o encontro Connect 2, no que profesionais de todo o mundo están
a coñecer de preto as novidades relativas á tecnoloxÃa de realidade virtual que
promete arrasar o ano que vén, e as
novidades que presentan vai moito máis aló das lentes
Gear VR, no que a aproximación ao público se refire, senón que tamén deron
unha magnÃfica nova para os interesados en gozar de Oculus Rift no seu PC: será
posible atopar ordenadores potentes dabondo para funcionar con Oculus por menos
de 1.000 dólares.
Hai uns meses os responsables de Oculus avanzaran que un ordenador compatible
coas Rift custarÃa uns 1.500 dólares, o que facÃa que falásemos dunha
tecnoloxÃa que estarÃa bastante afastada do grande público, pero agora aseguran
que o hardware desenvolvido por nVIDIA, Asus, Alienware, Dell, AMD e Intel
farán posible configurar un ordenador de grande potencia como para xerar os
detalles e a velocidade de cadros por segundo que permitan que a experiencia de
realidade virtual sexa crible e confortable. De feito, espérase que o ano que
vén os equipos que cumpran coas especificacións mÃnimas para funcionar coas
Rift de xeito fluÃdo poderán lucir o selo Oculus
Ready, que promete converterse en toda unha garantÃa para os gamers.
Estes dÃas tamén están a presentar numerosos xogos que demostran o que pode
facerse coa realidade virtual, dos que moitos incluso funcionarán coa básicas
Gear VR, dando a intención de que as empresas están a esforzarse para que a
realidade virtual sexa unha revolución, intentar transmitir confianza nesta
tecnoloxÃa para que o público non a vexa con receo por ter en consideración
antecedentes como o 3D (tecnoloxÃa á que chegaron a adaptarse as consolas de
videoxogos da anterior xeración para verse rapidamente abandonada).
Un curioso proxecto de realidade virtual que chamou a atención onte foi Oculus
Arcade para Gear VR, que consiste nun contorno virtual que simula un salón recreativo
no que podemos xogar a máis de 20 xogos clásicos como Sonic the Hedgehog, Gauntlet,
Spyhunter ou Pac-Man, o que vén a ser unha simple interface virtual para
consumir produtos xa existentes, como tamén están a facer moitas compañÃas que
producen contidos audiovisuais, e que están a confirmar a súa compatibilidade
con Oculus Video, que non é outra cousa que permitir aproveitar as lentes de
realidade virtual para simular que temos diante unha pantalla de cine, sendo
moito máis interesante a proposta de Facebook dos últimos dÃas, co anuncio do soporte
de vÃdeo de 360 graos que será compatible con Oculus.
Outra importante novidade para Oculus é a confirmación de que Minecraft, xogo
que resultaba moi prometedor na súa versión para as HoloLens de Microsoft, non
deixará de lado tanto as Gear VR como as Rift, e estrear versión de realidade
virtual en primavera, estando
involucrado en tal produción o propio John Carmack (director técnico de
Oculus VR, popular por ser o desenvolvedor principal de xogos como Doom e Quake), quen considera crucial para o éxito da realidade virtual
que esta tecnoloxÃa estea presente no noso uso diario, de aà que apostase
persoalmente por facer posible o uso das solucións de Oculus tanto en Minecraft
como na aplicación de Netflix.
Como bo exemplo de xogo de realidade virtual estes dÃas presentouse Bullet Train, un shooter no que faise un uso intensivo do popular tempo bala