As empresas de Boiro contarán con importantes descontos en telecomunicacións da man de Díxome
luns, 5 de xuño do 2023
O
presidente da patronal boirense (ABE), Daniel García asinou este
luns 5 de xuño pola mañá un convenio de colaboración coa empresa
asociada Díxome, especializada en
telefonía en virtude do cal as empresas asociadas poden acadar
diferentes vantaxes.
Na
formalización do acordo participou Susana Raña, unha das socias da
compañía que explicou que “os descontos que poden acadar os
socios da ABE son un 8% nos operadores Yoigo e Masmovil e de 5€
mensuais en Vodafone, Orange, O2 e Jazztel, en canto ao operador R
telefonía o desconto mensual chega ata os 10€”. Respecto ao
funcionamento destas vantaxes detallou que “os descontos mensuais
pagaranse ao asociado no momento que reciba a primeira factura
completa da compañía contratada. Realizaranse nun solo pago co
desconto dos 12 meses “
Díxome
é unha empresa axente dixitalizadora e está habilitada para
tramitar as axudas do Kit Dixital que fan a custe cero para o
cliente, dende a fase de asesoramento ata a de solicitude.
O
presidente indicou que “este convenio únese ao resto de convenios
que a asociación ten a disposición dos socios e que se poden
consultar na web www.abe.gal”.