As sancións de tráfico poderanse pagar a través de miDGT

martes, 2 de marzo do 2021 Marcus Fernández

A aplicación móbil de miDGT permite actualmente o seu uso como substituto do carné de conducir e como documentación do noso vehículo, pero esta ferramenta non quere limitarse a ser unha versión electrónica da nosa documentación e tras superar os 2,5 millóns de descargas ten previsto incorporar novas funcionalidades.
Ao longo do presente ano está previsto que miDGT poida empregarse para o aviso e pagamento de sancións, para a identificación do condutor non titular do vehículo no caso de denuncia e a anotación dun condutor habitual, así como ao acceso á cita previa ou a realización de trámites sinxelos que actualmente xa están dispoñibles na sede electrónica da Dirección Xeral de Tráfico, como a consulta de notas de exame, a baixa temporal de vehículos ou solicitar duplicados da documentación física.

PUBLICIDADE