As tarifas de O2 por fin están dispoñibles en toda Galicia

xoves, 24 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Até hai uns días as tarifas de O2 eran un tanto curiosas, xa que non eran uniformes territorialmente, de xeito que o prezo podía diferir en función da situación competitiva da nosa localidade, e incluso había paquetes que non estaban dispoñibles nas poboacións nas que non había competencia dabondo. Pero finalmente mudou o panorama, e xa podemos contratar todas as tarifas de O2 en todo o territorio galego onde hai cobertura destacando o feito de que onte mesmo lanzaron dúas novas tarifas: unha tarifa combinada de fibra de 500 Mbps e móbil con chamadas ilimitadas e100 GB de datos por 42 euros/mes e una tarifa de fibra de 1 Gbps por 31 euros/mes.
Pero se consultamos as tarifas de fibra e móbil, probablemente haxa moitos consumidores que vexan especialmente interesante a súa tarifa combinada máis económica, que inclúe teléfono fixo, fibra de 300 Mbps e móbil con chamadas ilimitadas e 35 GB de datos 5G por 35 euros/mes (e 5 euros por liña adicional con 10 GB de datos). Deste xeito increméntase considerablemente a competencia no sector das ofertas combinadas de fibra e móbil (especialmente nas que inclúen teléfono fixo), e O2 incluso podería facer fronte a Digi alí onde ofrece o seu servizo de fibra indirecta.
Lembremos que as tarifas de O2 son prezos ordinarios (sen a necesidade de subscribir promocións para gozar de prezos reducidos como acontece con outras compañías), sen permanencia, con alta de balde e gozando da calidade da infraestrutura de rede de Telefónica, compañía da que O2 forma parte. Tamén cómpre salientar que o operador de baixo custo de Movistar é dos poucos que ten soporte de MultiSIM compatible con Apple Watch, así como de eSIM.

Táboa de tarifas combinadas de fibra e móbil de O2