As xornadas de formación dos lectores de galego apóianse nas TIC
luns, 27 de decembro do 2010
O responsable de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo, inaugurou esta mañá na
Escola Galega de Administración Pública as xornadas de formación para os
lectores e lectoras de lingua e literatura galegas que organiza anualmente a
secretarÃa xeral. «Recoñecemos e estamos
orgullosos do traballo que levades a cabo en universidades de España, Europa e
América, porque estades cumprindo un dos obxectivos centrais do Plan xeral de
normalización da lingua galega en acción lingüÃstica exterior: impulsar a
proxección da lingua e da literatura galegas fóra de Galicia como manifestación
dunha cultura diferenciada e como expresión social do pobo galego»,
salientou o secretario xeral durante a súa intervención.
Anxo Lorenzo tamén lles transmitiu aos lectores e lectoras de galego a
necesidade de facer «o máximo esforzo
para que os estudos galegos estean inseridos en programas académicos sólidos,
integrados na oferta curricular das súas respectivas universidades de destino».
As xornadas que organiza entre hoxe e mañá a SecretarÃa Xeral de PolÃtica
LingüÃstica están
orientadas a mellorar a formación dos lectores e das lectoras de galego en
tecnoloxÃas aplicadas á educación, formación e comunicación. En
consecuencia, as ferramentas da Web 2.0 teñen unha especial relevancia na
configuración dos seminarios.
Coa organización destas
xornadas, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica busca dotar os lectores e
lectoras de lingua e literatura galegas de ferramentas que lles permitan
dinamizar as súas aulas mediante a utilización das tecnoloxÃas da información e
da comunicación, asà como coñecer recursos de utilidade para o ensino e a
aprendizaxe de idiomas.