Os contidos de Associated Press aseguran estar libres da IA
mércores, 16 de agosto do 2023
O mes pasado
Associated Press (AP) anunciou
ter pechado un acordo con OpenAI para compartir contidos informativos e
tecnoloxÃa, pero deberon pensar que esta situación poderÃa pór en dúbida as informacións
divulgadas pola axencia de novas, de aà que publicaron un
comunicado dando a coñecer os seus estándares con respecto ás intelixencias
artificiais xenerativas.
Dende AP insisten en que a IA non pode substituÃr o traballo dos xornalistas de
ningún xeito, e aÃnda que estean a experimentar coa tecnoloxÃa de ChatGPT, non
a usarán directamente para crear contido publicable. O criterio de AP é que calquera
contido xerado por unha IA debe considerarse que está sen verificar, polo que
debe tratarse como tal polo seu equipo editorial, destacando o feito de que en
ningún caso farán uso da IA para engadir ou eliminar elementos de fotografÃas,
vÃdeo ou son.
Destacan que o único caso no que publicarÃan imaxes xeradas por IA serÃa cando
fosen de interese informativo como tal, indicando claramente que as imaxes
foron creadas artificialmente.
Outro detalle salientable sobre a desconfianza da AP de cara á IA é que instan
aos seus traballadores a non introducir información confidencial ou sensible
dentro de ferramentas de intelixencia artificial; e tamén instan aos
xornalistas a esforzarse para garantir que o material que acheguen dende outras
fontes estea libre de contido xerado por unha IA.
Alertan do doado que é difundir falsidades mediante textos, son, fotografÃas e
vÃdeo manipulados mediante IA, polo que é preciso ter cada dÃa máis coidado á
hora de verificar a información e identificar a súa fonte orixinal, e ante a
dúbida, o material deberÃa desbotarse.