Até 64.200 alumnos de 630 centros estudarán o vindeiro curso con ebook no marco de E-Dixgal
luns, 15 de maio do 2023
A
Consellería de Cultura e Educación e a axencia AMTEGA deron a
coñecer o venres pasado a cifra total de alumnas e alumnos que terán
ao seu dispor, para labores de estudo, un libro electrónico gratuíto
o curso que vén (2023-2024), no marco do programa autonómico
E-Dixgal: un
total de 64.200 alumnos de 630 centros educativos.
Tal
e como publica o Portal Educativo, destes 34 novos centros (12 da
provincia da Coruña, catro de Lugo, catro de Ourense e 14 de
Pontevedra), 24 incorporan o programa na etapa de Primaria, nove en
ESO e un en Primaria e ESO á vez. Ademais, dous centros que xa
contaban co programa en Primaria incorpórano para o curso que vén
en 1º de ESO.
Por
provincias, 225 deles están na da Coruña, 102 na de Lugo, 58 na de
Ourense e 245 na de Pontevedra.
A
través do E-Dixgal, a Consellería de Cultura, Educación, FP e
Universidades en colaboración coa Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) pon a disposición de centros e
alumnos ultraportátiles con acceso a libro e materiais dixitais cos
que desenvolver o seu proxecto curricular. “Os colexios e
institutos adheridos desenvolven a súa actividade educativa diaria
nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a
contidos dixitais totalmente de balde para as familias”, explican
Educación e AMTEGA, engadindo que as aulas contan cun kit de aula
dixital composto por encerado dixital interactivo, proxector e equipo
no posto do profesor e conexión á rede de datos do centro. Ademais,
cada alumno conta cun ordenador ultraportátil en réxime de préstamo
para o seu uso.
Os
participantes no proxecto poden acceder a unha plataforma de Entorno
Virtual de Aprendizaxe na que están dispoñíbeis tanto contidos
editoriais diversos para as diferentes etapas como o repositorio de
contidos do espazo Abalar que actualmente supera os 1674 recursos.
De
igual xeito, os centros contarán cun repositorio de contidos
educativos dixitais do espazo Abalar, con máis de 2.500 recursos
educativos dixitais complementarios en sete idiomas.
A
maiores, o profesorado pode crear, seleccionar ou engadir ao entorno
os seus propios materiais.
O
programa E-Dixgal arrancou no curso 2014-15 como un proxecto
experimental para alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de
ESO. No 2021-22 ampliouse á toda a etapa de Secundaria coa
incorporación de 3º e 4 curso, o que permite que o alumnado poida
estudar con este sistema durante seis cursos consecutivos.
Esta
acción forma parte dos obxectivos prioritarios da Estratexia de
Educación Dixital 2030, orientados a “fomentar o desenvolvemento
dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e perfeccionar as
competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira
transformación dixital”.
Provincia da
Coruña (centros de nova incorporación)
-CEE María Mariño
A Coruña
-IES Ramón Otero
Pedrayo
A Coruña
-CEIP O Marbán
As Somozas
-CEIP de Escarabote
Boiro
-CEIP Praia Xardín
Boiro
-CEIP Plurilingüe
Celso Emilio Ferreiro
Cerceda
-CEIP Plurilingüe
Virxe do Mar
Narón
-CEIP As Forcadas
Ponteceso
-CEIP de Portosín
Porto do Son
-CEIP Plurilingüe
de Frións
-Ribeira
-CEIP Pedro Barrié
de la Maza
Sada
-IES Eduardo Pondal
Santiago de
Compostela
Provincia de Lugo
(centros de nova incorporación)
-CEIP Albeiros
Lugo
-CPR Plurilingüe
Divino Maestro
Lugo
-CEIP Ricardo Gasset
O Incio
-IES Santiago
Basanta Silva
Vilalba
Provincia de
Ourense (centros de nova incorporación)
-CEIP Augusto Assía
A Mezquita
-CEIP de Medeiros
Monterrei
-CPR Cardenal
Cisneros
Ourense
-CPR Plurilingüe
Divino Maestro
Ourense
Provincia de
Pontevedra (centros de nova incorporación)
-CEIP
Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo
A Guarda
-IES Johan
Carballeira
Bueu
-CEIP Pío
Cabanillas Gallas
Dozón
-IES Chano Piñeiro
Forcarei
-CEIP Plurilingüe
Vicente Arias de la Maza
Lalín
-CEIP Plurilingüe
Pena de Francia
Mos
-CEIP Daría
González García
Pontevedra
-IES A Xunqueira I
Pontevedra
-CEIP Plurilingüe
de Porto Cabeiro
Redondela
-CEIP
Magaláns-Dorrón
Sanxenxo
-CPR Plurilingüe
Niño Jesús de Praga
Vigo
-CEIP A Lomba
Vilagarcía de
Arousa
-CPR Plurilingüe
Sagrada Familia
Vilagarcía de
Arousa
-CEIP Plurilingüe
de San Bartolomé
Vilanova de Arousa
Centros que
amplían á etapa de Secundaria
-CPI
Plurilingüe Cabo da Area
Laxe (A Coruña)
-CPI de Viaño
Pequeno
Trazo (A Coruña)