Automattic adquire Pocket Casts
venres, 16 de xullo do 2021
Automattic, compañÃa responsable de WordPress, o xestor de
contidos máis popular do mundo, vén
de absorber Pocket Casts, a aplicación de xestións e reprodución de
podcasts multiplataforma máis usada e respectada, conseguindo asà un
interesante posicionamento de cara aos creadores de contidos para a Rede.
Pocket Casts é unha ferramenta para o consumo de podcasts que conta con
numerosas opcións e está presente en multitude de plataformas, coa posibilidade
de sincronizarse entre as mesmas; e dende WordPress tamén fan posible que dende
unha páxina web os usuarios poidan subscribirse de xeito doado a un podcast en
Pocket Casts, engadindo un bloque no seu sitio web, elemento que é un claro
exemplo das sinerxÃas que poden xurdir entre os equipos que desenvolven ambas
ferramentas.
Tras a integración en Automattic Pocket Casts continuará a funcionar como é
costume, aÃnda que explorará xeitos que faciliten unha maior integración entre
WordPress.com e Pocket Casts, facendo máis doada a distribución e reprodución
de podcasts.