Axuda en Acción mantén aberta unha canle de axuda a Perú a través de SMS

mércores, 22 de agosto do 2007 Fernando Sarasketa

Imaxe vista na galería de <a href="http://www.flickr.com/photos/constantprogress/">Ilikecoffee</a> en Flickr.Axuda en Acción vén de informar que proseguen os traballos cos daminificados polo terremoto de Perú e que dende o Estado español pódese colaborar dende moi diversas frontes, sendo unha delas a que achega o teléfono móbil, vía SMS. Así, os interesados en participar no envío de víveres, auga, mantas e buzos para os distritos de Santiago, Ocucaje e Salas (entre outros) no departamento de Ica poden facelo a través do servizo Movistar Solidario, enviando a palabra “Ayudaperu” ó 4004. O custo da mensaxe pola vía telefónica (un euro e catro céntimos) doarase ó cen por cen á dita causa solidaria co Perú, segundo informa Axuda en Acción, para quen é preciso o meirande número de achegas para contribuír á recuperación dos afectados, sendo as necesidades máis urxentes as de abrigo, acubillo e comida. Sinalar que nesta iniciativa só poden participar os clientes de Movistar. Axuda en Acción xa destinou 100.000 dólares en solidariedade humanitaria á zona da catástrofe.

PUBLICIDADE