Bard xa sabe programar en máis de 20 linguaxes
venres, 21 de abril do 2023
A proposta alternativa
a ChatGPT que está a probar Google de xeito limitado, Bard, está a mellorar
pouco a pouco, e aÃnda que está lonxe de acadar o nivel da solución de OpenAI,
xa realiza funcións interesantes como as que vén de estrear, e que axudan ao
desenvolvemento de software.
Bard pode agora xerar
código, axudar a depurar o código e incluso dar explicacións sobre como
realizar distintas tarefas ou o que fai un código en concreto (o que pode
resultar de grande axuda cando aprendemos unha linguaxe de programación). Podemos
dicir asà que Bard entende máis de 20 linguaxes de programación
como C++, Go, Java, JavaScript, Python e Typescript. Bard tamén pode exportar
código Python directamente a Google Colab sen a necesidade de ter que copiar e
pegar, asà como tamén pode axudar a escribir funcións en Google Sheets.
Cómpre lembrar que moitas destas funcións están presentes en ChatGPT dende hai
bastantes meses, e Microsoft tamén integrou esta tecnoloxÃa a xeito de copiloto
en Visual Studio, polo que Google chega máis tarde, pero iso non significa que
non teña espazo para medrar, pois estamos ante unha tecnoloxÃa que medrará
moito nos vindeiros anos, mudando profundamente o desenvolvemento de software a
todos os niveis.