Brasil recibe prototipos operativos do portátil XO

luns, 27 de novembro do 2006 Marcus Fernández

O proxecto de Nicholas Negroponte para achegar ordenadores portátiles para os cativos dos países en vías de desenvolvemento comeza a dar pasos adiante, e chega a Arxentina e Brasil, a través de equipos de mostra, para comprobar se os ordenadores XO dan a talla.
Así, o pasado venres recibiron en Brasil 65 portátiles do proxecto OLPC, que se amosaron nunha cerimonia na que estaban presentes o presidente Luiz Inacio Lula da Silva, Nicholas Negroponte e David Cavallo, que amosaron un prototipo operativo do XO, anunciando que agardaban a recepción de 1.000 unidades para xaneiro de 2007.
Lula apoia este proxecto coma unha iniciativa educativa e non coma o desenvolvemento dun portátil económico, aínda que non se coñecen os custos reais que terá o proxecto que anunciaba que crearía ordenadores a 100 dólares (e que parece que van custar, como mínimo, 140 dólares), pero hai que recoñecer que todo avance neste eido será ben recibido por un país no que os ordenadores están moi afastados da sociedade, e así, nun informe presentado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía do Brasil asegurábase que 80 millóns de brasileiros nunca empregaron un ordenador, e só unha pequena parte do país accedeu algunha vez á Internet.
Estiman que na actualidade 30 dos 185 millóns de brasileiros teñen ordenador na casa, e dos mesmos, o 66% contan con conexión á Rede, o que supón unha penetración da Internet moi reducida, polo que o Goberno carioca está a traballar duramente na modernización do equipamento da súa Administración e procura achegar conexións á Rede ós concellos nos que aínda resulta imposible acceder á Rede global.
Mentres, xente coma Juan Tomás García, presidente de Hispalinux, afirman que Negroponte só vende fume e predí o fracaso do OLPC porque o proxecto ignora a realidade dos países ós que vai dirixido:

PUBLICIDADE