BuyVIP continúa sen dar detalles sobre unha posible vulneración dos datos dos seus usuarios
luns, 12 de setembro do 2011
- Parte da mensaxe que recibiron por e-mail os clientes de BuyVIP o pasado venres
O
pasado venres os usuarios do servizo de compra privada BuyVIP recibiron unha
mensaxe por correo electrónico no que advertÃan que poderÃa terse producido un
acceso non autorizado aos seus datos persoais como nome, enderezo de correo
electrónico, dirección de envÃo, data de nacemento, teléfono e contrasinal,
mentres que os datos das tarxetas de crédito continuarÃan a salvo, pero que de
todos os xeitos poderÃa facilitar futuras suplantacións de identidade, o que
resulta preocupante para os moitos milleiros de usuarios que ten este servizo
que actualmente é propiedade de Amazon, e que con esta crise está a perder a
confianza dos seus clientes, posto que tras a alarma da semana pasada continúa
sen dar ningún tipo de explicación a través de canles oficiais, como o seu blog,
Twitter ou Facebook, quedando
patenten a indignación dos usuarios nesta última plataforma, onde aseguran
que daranse de baixa na plataforma ante a mala atención.
Estamos ante un claro caso no que está a resultar peor a mala resposta da
compañÃa que o fallo de seguridade padecido, resultando evidente que as
empresas con tantos clientes deben coidar máis a súa presenza nas redes
sociais, e utilizalas para achegarse aos usuarios e non como canles publicitarias.