CLUSAGA lanza web para promover alimentos e bebidas de Galicia: Na túa despensa
xoves, 14 de setembro do 2023
O
Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) celebrou este xoves 14 de
setembro acto de presentación da campaña Na túa despensa, o
mellor de Galicia, unha iniciativa para a promoción conxunta de
alimentos e bebidas das súas empresas socias, cuxo obxectivo é
“proxectar a marca Galicia e dar continuidade ás estratexias de
mercadotecnia” e comercialización das diferentes marcas. A
iniciativa vén con páxina web de seu.
O
evento contou (entre outras/os) coa participación Xan Duro, Concelleiro de Mobilidade,
Convivencia e Centros Socioculturais; Marta Rey, xerente do Mercado
de Abastos; e Andrés Rodríguez, presidente de CLUSAGA.
Andrés
Rodríguez salientou “o compromiso de CLUSAGA coa organización de
actividades colaborativas por segmentos de mercado e canles de
distribución vinculadas á proxección do produto galego”, e deu
as grazas ao Concello de Santiago de Compostela pola cesión “dun
espazo tan singular coma é o Mercado de Abastos para a celebración
da primeira acción promocional no marco desta campaña”. Asemade
agradeceu ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia e á
Asociación Hostelería Compostela a súa colaboración para o
desenvolvemento da acción.
Nesta
liña, o presidente do Clúster Alimentario de Galicia subliñou “a
importancia de promover a colaboración público-privada, de crear
redes de traballo conxuntas coas Administracións públicas, e de
potenciar o valor e calidade da industria alimentaria galega,
achegándoa ao consumidor final”.