Centos de expertos en Drupal xúntanse esta semana en Compostela
mércores, 17 de setembro do 2025
Santiago de Compostela acollerá do 18 ao 20 de setembro a DrupalCamp Spain 2025, o encontro máis importante da comunidade Drupal en España, que reunirá a 400 profesionais do desenvolvemento web e da transformación dixital. O evento terá como escenario principal o Edificio CINC da Cidade da Cultura e está organizado pola Asociación Española de Drupal en colaboración con especialistas locais e voluntarios, co apoio da AMTEGA e de empresas do sector como Balidea e Hiberus.
A cita situará á capital galega como punto neurálxico da innovación tecnolóxica, ao reunir desenvolvedores, deseñadores, empresarios e expertos en tecnoloxÃa de distintos paÃses europeos. Durante tres xornadas haberá espazo para a divulgación, a formación e a creación de redes de contacto, cunha programación que inclúe sesións de negocio, obradoiros e charlas técnicas. Tamén se celebrará unha nova edición dos Splash Awards, que regresan tras seis anos de ausencia para recoñecer os mellores proxectos Drupal en España.
Entre os participantes destaca a presenza de Antonella Severo, responsable de produto en Nestlé IT, que ofrecerá unha conferencia sobre o papel de Drupal na transformación dixital global da compañÃa. Tamén intervirán profesionais como Christian López EspÃnola, especializado en Acquia, ou Anastasiia Zvenigorodskaia, cofundadora de Epicmax, que impartirá un obradoiro sobre toma de decisións empresariais e retorno do investimento.
A DrupalCamp Spain celebra este ano a súa décimo quinta edición, tras pasar por cidades como Madrid, Barcelona, Valencia ou Zaragoza. É a primeira vez que se desenvolve en Santiago, que xa acollera no 2016 unha versión reducida do encontro, o Drupal Day.
