Chega Snapshot, a ferramenta que amplÃa as buscas de Bing
mércores, 18 de xuño do 2014
Bing,
o buscador web de Microsoft, conta dende agora cunha ferramenta que
achega resultados relacionados coa procura que se faga na Rede de
cara a aumentar o valor da información. Deste xeito anunciaba
Microsoft a dispoñibilidade en España de Snapshot, a ferramenta en
cuestión que amosa resultados relacionados coas procuras de Bing.
AsÃ: na columna dereita do buscador proporcionarase información
relevante ligada coa procura, para que os resultados sexan moito máis
completos.
Bing
non só ofrecerá aquilo que se persegue atopar, senón tamén
información relacionada, como hoteis preto dunha cidade da que se
desexe obter información, opinións sobre o hotel que se precise
atopar, sitios históricos, personaxes, etc.
A
tecnoloxÃa de Snapshot está deseñada para entendelo todo. Se unha
persoa busca unha canción ou unha cidade, Bing axuda a proporcionar
respostas sobre as persoas, lugares e cousas que están relacionados
con esa canción, artista ou personaxe. A información que aparece na
columna da dereita provén de múltiples conexións dos datos e a
información a través das procuras máis empregadas en Bing.
Asemade, para que a procura sexa máis acertada e áxil, Bing
traballa con empresas como OpenTable, TripAdvisor, Wikipedia,
Booking.com ou Xbox Music, integrándoas asà na procura de Snapshot.