Chega a Bonxe o programa de formación en software libre impartido por MeLiSA
luns, 11 de novembro do 2013
O
Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo) vai
dar acollida hoxe ao comezo do cuarto dos obradoiros da
iniciativa Tecnoloxía
e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos, unha
achega itinerante de actividades impulsadas e organizadas por AMTEGA
e desenvolvidas polos membros da Asociación de Usuarios de Software
Libre da Terra de Melide (MeLiSA).
Lembrar que o proxecto, inserido no Programa de Voluntariado Dixital
da Xunta, ten “como obxectivo levar as novas tecnoloxías da
información e o software libre a setenta reclusos dos centros
penitenciarios emprazados en Galicia”.
Informar
que o programa deu os seus primeiros pasos no mes de
xullo no Centro Penitenciario de Monterrroso, e no mes de outubro deu
o chimpo ao
Centro de Inserción Social (CIS) Carmen Avendaño de Vigo e máis ao
Centro de Inserción Social de A Coruña Carmela Arias y Díaz de
Rábago. Arestora,
desenvolve as súas achegas formativas no centro de Lugo-Bonxe, no
que participan 14 presos. Segundo informan MeLiSA
e AMTEGA, outro dos grandes obxectivos do programa é facilitar a
inserción laboral dos internos con coñecementos informáticos de
valor, “ofrecéndolles
formación eminentemente práctica no ámbito das tecnoloxías da
información e a comunicación TIC e do software libre”.
As
sesións formativas deste obradoiro
lévanse a cabo
entre este
luns
11 de
novembro
e o venres
15 de novembro na aula de informática do centro penitenciario, e
estará a cargo dun voluntario da Asociación Usuarios de Software
Libre MeLiSA,
que compartirá o seu coñecemento cos internos.
Lembrar
tamén que ao longo deste mes impartiranse os dous últimos
obradoiros previstos nos centros de Teixeiro e Pereiro de Aguiar.
