China Mobile comeza a comercializar un lector de e-books subvencionado
venres, 11 de setembro do 2009
Adiantándose ás
operadoras occidentais, China Mobile traballa na comercialización do lector de
libros electrónicos AirPaper50T, que ofertará subvencionado aos seus
clientes, pois o dispositivos conta con conectividade sen fÃos a través da rede
de telefonÃa móbil, á vez que a propia operadora mantén unha tenda de e-books
con obras a
prezos de entre 3 e 5 iuans (entre 0,3 e 0,5 euros), aÃnda que tamén
será posible cargar os contidos dende o PC a través de USB.
O dispositivo ten unha pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 800 x 600
pÃxeles e unha baterÃa que permite a lectura dunhas 30.000 páxinas ou 7 dÃas en
espera. Tamén presenta o que parece unha pantalla inferior táctil de 3,7 polgadas
para o control do dispositivo.
Dá a impresión de que a operadora chinesa busca repetir a fórmula de éxito de
Amazon, o que tamén poderÃa reproducirse en Europa antes do que pensamos, xa
que nos últimos meses estase a comentar que Amazon atopa nas operadoras de
telecomunicacións o principal atranco para achegar o Kindle ao Vello
Continente, no que parece que é unha estratexia para reservar o negocio para as
propias compañÃas de telefonÃa móbil.