Cinetube deféndese da Comisión de Propiedade Intelectual cun acta notarial
mércores, 20 de xuño do 2012
A
polémica Comisión Sinde continúa a
remitir notificacións, e a segunda páxina web afectada da que temos coñecemento
é CineTube, espazo ao que se lle remitiu a pertinente notificación de apertura
dun procedemento para protexer os dereitos de autor facendo referencia a
ligazóns directas a películas e series de televisión, o que levou aos
responsables da páxina web a presentar un acta notarial na que acreditan non
atopar ningún tipo de ligazón no seu sitio web, á vez que critican as
complicacións que tiveron para facer chegar as súas alegacións ao Ministerio de
Cultura.
Nesta ocasión é EGEDA a entidade que quixo levar a Brimtec Media (CineTube)
ante a Comisión de Propiedade Intelectual, pero a acta notarial que asegura que
non existen ligazóns directas que faciliten a reprodución ou descarga de
contidos suxeitos a dereitos de autor parece neutralizar as actuacións da
Comisión.
As ligazóns en CineTube xa se tiñan retirado con anterioridade e, de feito, o
espazo xa perdera moito tráfico tras o peche de Megaupload e outros servizos de
aloxamento de ficheiros, polo que na
actualidade sería “unha páxina de
promoción do cine” segundo declarou o seu avogado, Carlos Sánchez Almeida.