Clausurado o programa tecnolóxico de emprego do Baixo Ulla, no que participaron máis de cen persoas
martes, 21 de novembro do 2023
O
Pazo de Lestrobe, en Dodro, acolleu a semana pasada clausura do
Programa Integrado de Emprego 2022/23 que agrupou nesta edición aos
concellos de Padrón, Rianxo, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro. Como
lembraremos, o programa foi co-financiado pola Consellería de
Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo
Público de Emprego Estatal (SEPE). O obxectivo primordial foi
“mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego
dos concellos implicados”. A iniciativa tivo unha marcada vertente
dixital. De feito, unha das súas liñas de actuación foi a
formación para o desenvolvemento de competencias tecnolóxicas que
favoreceran a incorporación ou reincorporación ao mercado laboral.
En
segundo lugar traballouse na orientación laboral individualizada ao
longo do programa. Para rematar buscouse a intermediación laboral
coas empresas da contorna durante os doce meses de duración.
En
todos estes procesos investíronse máis de 1.000 horas de cursos,
talleres, visitas a empresas, etc.
Xornada
de clausura
A
xornada de clausura desenvolveuse con un formato de charla coloquio
empresarial. Nela participaron o secretario territorial da Xunta de
Galicia na Coruña, os alcaldes e a alcaldesa de todos os concellos
da agrupación, e o persoal de recursos humanos de compañías
colaboradoras co Programa, en concreto, Aluminios Cortizo S.A;
Financiera Maderera S.A; SIF Servicios, S.L.; Ana Muñiz S.L., e
Pousadas de Compostela S.L..
O
representante da Xunta, Severino Álvarez Monteserín. destacou a
importancia da implicación, tanto dos concellos como da iniciativa
privada, para o éxito destas actuacións. Os rexedores, pola súa
banda, puxeron en valor “o esforzo de todas as persoas
participantes, así como do persoal do programa” e agradeceron “a
colaboración de todas as empresas participantes, un elemento
esencial no transcurso do programa”.
Nesta
edición atendéronse 107 persoas de todos os concellos participantes
(30 de Padrón, 27 de Rianxo, 14 de Valga, 14 de Dodro, 14 de
Pontecesures e 8 de Rois), e logrouse unha porcentaxe de inserción
superior ao mínimo esixido (35%), de 40 persoas.