Comezan na FIC as segundas xornadas sobre matemáticas, computación e seguridade

luns, 15 de decembro do 2014 Redacción

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolle estes días (hoxe e mañá) a segunda edición das Xornadas sobre Seguridade, Defensa, Tecnoloxías Matemáticas e Computacionais. O encontro vén da man do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), do que a UDC forma parte, en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC, CITIC, o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional, CESEDEN, e o Instituto Matemático Interdisciplinar, IMI, da Universidade Complutense de Madrid. O programa achega relatorios de gran interese. De feito, presentaranse sistemas para facilitar alertas temperás ante catástrofes naturais (terremotos e tsunamis, por exemplo) ou para medir a fiabilidade no interior dun submarino.
Igualmente, poderemos achegarnos a un software que permite coñecer (adiantándonos ao lume) como se vai propagar un incendio ou a unha nanotecnoloxía que procura novos materiais para o emprego militar.
Programa do luns, 15
10:30 Apertura das xornadas. Ricardo Cao Abad, vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña; Antonio Pazos García, xefe Sección Xeofísica, Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA), Luis María Hervella Nieto, decano Facultade de Informática da UDC; e Carlos Vázquez, CITIC, ITMATI, Catedrático Matemática Aplicada, UDC (Comité Organizador).
11:00-11:35 ITMATI, un centro para favorecer a transferencia e a innovación, a cargo de Peregrina Quintela, Directora de ITMATI/USC.
11:35-12:10 ALERTES: Un sistema de alerta sísmica temperá desenvolvida no ROA, por Antonio Pazos García, xefe Sección Xeofísica, Real Instituto e Observatorio da Armada
12:10-12:35 Descanso: refrescos/café
12:35-13:10 Nanotecnoloxía, Matemáticas e Defensa, a cargo de Jesús Ildefonso Díaz, catedrático de universidade UCM, Instituto de Matemática Interdisciplinar.
13:10-13:45 A Fundación Círculo e a Rede para a innovación no sector da Defensa e a Seguridade. Unha oportunidade para a transferencia de resultados de I+D, relatorio a cargo de Félix Pérez Martínez, director da ETSIT-UPM. Membro do Comité Executivo da Fundación.
16:00-16:35 CITIC: Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Proxectos de transferencia de coñecemento e valorización de tecnoloxías. Bertha Guijaro Berdiñas, vicecoordinadora responsábel científica do CITIC.
16:35-17:10 Aplicación e transferencia de coñecementos físico-matemáticos durante o deseño, desenvolvemento e cualificación de equipos eléctricos. Carlos Rivas Pereda, responsábel de I+D de Elinsa, doutor enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial.
17:10-17:45 O Proxecto do Mapa Mundial de Anomalías Magnéticas: Unha iniciativa internacional a ombreiros da Ciencia, a Técnica e os Intereses estratéxicos. Manuel Catalán Morollón, xefe Servizo Xeomagnetismo, Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA).

PUBLICIDADE