Completan as especificacións dos futuros conectores USB reversibles
martes, 12 de agosto do 2014
O USB 3.0 Promoter Group anunciou
hoxe a finalización da especificación USB tipo C, que define a nova xeración
de conectores USB, que buscan adaptarse ás necesidades dos novos dispositivos
móbiles, de xeito que temos uns conectores reversibles que soportarán velocidades
de transferencia de até 10 Gbps (USB 3.1), entregas de corrente de até 100 W
(3A para cables estándar e 5A para conectores) e unha construción resistente e
o suficientemente delgada para a súa integración nun móbil.
Cómpre destacar que os novos conectores USB de tipo C non encaixarán
directamente cos conectores actuais, aÃnda que será posible empregar os
trebellos con este tipo de conector en equipos vellos mediante adaptadores.
Loxicamente este detalle pode retrasar considerablemente a adopción deste novo
estándar, que xa é unha realidade, o do que comezaremos a ver produtos en
breve.