Compostela Monumental inicia a súa formación sobre técnicas de marketing en liña
mércores, 14 de abril do 2021
A
Asociación
Compostela Monumental pon en marcha este xoves 15 de abril o
curso en liña Técnicas de venda e mercadotecnia en liña, ao
abeiro do seu Programa Integrado de Emprego, e que desenvolve
conxuntamente coa Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, e
máis en concreto coa Dirección Xeral de Formación e Colocación. O
curso, que finalizará a final deste mes cun total de 20 horas
lectivas, será impartido por Recursos Galicia.
Os
obxectivos marcados de saída son que todos/as os/as integrantes do
dito Programa aprendan a pór en práctica unha boa mercadotecnia de
contidos e a utilizar motivadores de compra, así como facer unha
estratexia de posicionamento para comercio electrónico.
Para
o día 23 de abril levarase a cabo unha nova acción formativa online
baixo o título de Sácalle partido a LinkedIn.