Compostela, presente no palmarés do segundo certame de creación audiovisual das Cidades Patrimonio
mércores, 27 de xuño do 2018
Finalmente
o palmarés do segundo Certame de Creación Audiovisual do Grupo
Cidades Patrimonio ten presenza galega. Máis
polo miúdo, a do compostelán Alejandro Gesto, que, cunha peza sobre
a riqueza patrimonial de Compostela, gañou o devandito certame na
categorÃa de 19 a 30 anos. A listaxe de gañadoras/es foi dada a
coñecer onte pola Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades
Patrimonio da Humanidade de España, do que forma parte o Concello de
Santiago.
Este
concurso para mozos e mozas creadoras de entre 16 e 30 anos forma
parte das celebracións do 25 aniversario da rede e enmárcase no Ano
Europeo do Patrimonio Cultural. DivÃdese en dúas categorÃas: de 16
a 18 anos e de 19 a 30. Nesta última, alzouse co primeiro premio
Alejandro Gesto. O certame conta coa colaboración do Ministerio de
Educación, Cultura e Deporte.
Con
esta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de entre 16 e 30 anos,
o grupo quere propiciar un maior coñecemento e sensibilización cara
ás quince Cidades Patrimonio, potenciar o uso das novas tecnoloxÃas,
desenvolver a creatividade no eido da imaxe e estimular a capacidade
de observación da contorna da cidade.
Gañadores
CategorÃa
de 16 a 18 anos
Primeiro
Premio, dotado cun smartphone de última xeración para cada
un dos integrantes do equipo e de equipamento informático por valor
de 3.000 euros para o Centro Xuvenil da cidade:
Ana
Beira Pozo, Belén Baixo Ortega e LucÃa Lara Cardona, de Córdoba
TÃtulo
do traballo: Córdoba, una
ciudad de ensueño.
CategorÃa
de 19 a 30 anos
Primeiro
Premio, dotado con 2.000 euros
Alejandro
Gesto Louro, de Santiago de Compostela
TÃtulo
do traballo: Cal
é o maior patrimonio de Santiago?
Segundo
Premio, dotado con 1.500 euros
Raquel
EcheandÃa Sánchez, de Alcalá de Henares
TÃtulo
do traballo: Alcalá,
ilustrar al mirar
Terceiro
Premio
Gabriel
Novau Blanch, de Tarragona
TÃtulo
do traballo: La
millor manera de conoixer el patrimonio de Tarragona