Confírmase o liderado de Nintendo nas vendas de videoxogos en España

luns, 22 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os primeiros datos sobre as vendas de videoxogos en España durante o mes de agosto nos daban a entender que Nintendo dominaba o sector dun xeito claro, e agora que aDeSe publica os resultados oficiais do pasado mes se ratifica tal estimación, de xeito que 8 dos 10 máis vendidos corresponderían ao fabricante nipón, que estaría acompañado por Sony que ocuparía os postos 3 e 8 con Beijing 2008 para PS3 e Buzz! para PSP.
O líder en vendas en agosto foi o Wii Fit, seguido por Wii Play, mentres que Mario Kart se limita a un cuarto posto e Super Smash Bros Brawl continúa con forza nun posto 6, de xeito que o resto de postos vacantes entre os 10 máis vendidos corresponderían a xogos para a Nintendo DS, coma Cocina Conmigo, Guitar Hero On Tour, Wall·E e Brain Training.
Nos resultados por plataformas podemos destacar como na PlayStation 3, tralo comentado Beijing 2008 están os 2 grandes lanzamentos do ano, Metal Gear Solid 4 e Grand Theft Auto IV, mentres que para Xbox 360 o xogo das Olimpíadas se queda nun segundo posto, superado por Soul Calibur IV, mentres que o GTA IV se ten que conformar cunha cuarta posición e no terceiro posto está o pack que inclúe Gears of War, Project Gotham Racing 4, un mando a distancia multimedia e un mando de xogo, destacando tamén Rock Band nun digno 5º posto.

PUBLICIDADE