Convocados os cursos de galego das probas CELGA 2021, con máis de 1.000 prazas en liña e presenciais
mércores, 3 de febreiro do 2021
A
Secretaría
Xeral de Política Lingüística convocou este 3 de febreiro os
cursos preparatorios das probas de acreditación do CELGA para o ano
2021. Fíxoo cunha “ampla oferta formativa” que inclúe até
1.050 prazas, nas modalidades presencial e en liña. As persoas
interesadas xa poden consultar e solicitar as súas prazas dende a
eSede da Xunta (código
de procedemento PL600A). A oferta formativa, segundo confirmou a
Secretaría Xeral, foi obxectivo dunha serie de modificacións
importantes para acadar a súa plena adaptación á realidade da
COVID e á necesidade de trasladar a actividade docente ás novas
canles dixitais.
A
convocatoria desde ano, que ofrece un total de 33 cursos formativos,
incide especialmente na formación en liña, cunha oferta de 27
cursos destinados ao catro niveis de coñecemento do galego que se
poden acreditar mediante exame oficial (CELGA 1, 2, 3 e 4). Ao mesmo
tempo, “para quen así o quixer e de permitilo a situación”,
mantense un mínimo de seis cursos presenciais (preparados para a súa
adaptación á modalidade virtual, se for preciso) repartidos entre
as catro provincias e preparatorios dos niveis que abranguen
habitualmente un número maior de solicitudes, o 3 e o 4.
Así
se recolle na resolución deste 3 de febreiro da Secretaría Xeral de
Política Lingüística que publican o Diario
Oficial de Galicia e o Portal da
Lingua Galega, na que se incide no carácter voluntario e
gratuíto dos cursos e se recorda que a súa realización non dá
dereito a ningún tipo de certificación. Cómpre, para acadar a
certificación, acadar unha cualificación de apto/a nas probas de
acreditación que a Xunta ten en axenda para os meses de maio e xuño.
Prazo
aberto desde mañá ao 24 de febreiro a través da sede electrónica
Os
cursos poderanos solicitar todas as persoas maiores de 16 anos ou
aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria a partir do día
4 de febreiro e ata o vindeiro 24 de febreiro. Todos os cursos terán
un mínimo de 15 participantes e un máximo de 30, agás os do CELGA
1, cun máximo de 50, e terán unha duración de 70 horas lectivas
titorizadas por docentes especialistas.
A
Secretaría de Política Lingúística publicará na súa web
(www.lingua.gal) a relación das
persoas seleccionadas para participar en cada curso, dando cinco días
naturais desde a súa publicación para as posíbeis alegacións.
Formación
en liña e tamén presencial
A
oferta preparatoria do CELGA neste ano 2021 inclúe como dixemos 33
cursos, 27 deles en liña, que se reparten entre o CELGA 1 (tres
cursos), CELGA 2 (cinco cursos), CELGA 3 (seis cursos) e CELGA 4 (13
cursos). Así mesmo, para garantir que a oferta formativa chegue a
todas aquelas persoas interesadas, darase en todos os niveis a
posibilidade de acceder dende calquera punto xeográfico que exceda
as catro provincias galegas. Por parte, os seis cursos presenciais
estarán repartidos entre as grandes cidades galegas e o CELGA 4
poderá prepararse presencialmente na Coruña, Ferrol, Santiago de
Compostela e Vigo, mentres que o CELGA 3 desenvolverase en Lugo e
Pontevedra.
As
dúas modalidades darán comezo o 15 de marzo e desenvolveranse ata o
6 de maio cunha carga lectiva total de 70 horas. As persoas que
desexen matricularse neles deben cubrir o formulario de solicitude
que se achega como anexo e dirixilo á xefatura territorial da
Consellería de Cultura, Educación e Universidade da correspondente
provincia. “Se a situación excepcional provocada pola COVID-19 así
o esixe, a formación presencial poderá ser substituída por cursos
en liña”, explicou a Secretaría Xeral.