Covadonga Toca (IGAPE) reuniuse coa nova presidenta de Ineo, Lourdes Guerra
martes, 1 de agosto do 2023
A
directora do IGAPE, Covadonga Toca, mantivo recentemente un encontro
co equipo directivo da Asociación de Empresas de Tecnoloxía de
Galicia (Ineo) e coa súa nova presidenta, Lourdes Guerra, no que se
avaliou a importancia das Tecnoloxías da Información e a
Comunicación (TIC) na mellora competitiva do tecido empresarial e o
papel da entidade para facer de Galicia un referente do sector e
impulsar a cultura innovadora.
Na
reunión púxose de manifesto “a necesidade de seguir apostando
pola colaboración institucional nesta nova etapa”, co obxectivo de
apoiar as empresas que forman a asociación para continuar mellorando
nos procesos que definen a súa actividade, como son a innovación, a
formación, a internacionalización ou o emprendemento e o traslado e
aplicación do coñecemento do sector a toda a sociedade.