CulturaGalega.org permÃtenos botar unha ollada ao e-mail de Ramón Piñeiro
venres, 15 de maio do 2009
Para celebrar o DÃa das Letras Galegas os responsables do portal
CulturaGalega.org decidiron render homenaxe a Ramón Piñeiro cunha orixinal recreación do que
serÃa o cartafol de mensaxes enviadas por correo electrónico por parte do
persoeiro galego se contase con e-mail no seu tempo.
Esta curiosidade elaborouse tomando coma base o epistolario de Piñeiro (composto
por 8.000 cartas a 1.300 destinatarios), que está a desempoar, catalogar e
dixitalizar (para a súa posterior difusión) o Consello da Cultura Galega a
través dun convenio de colaboración coa Fundación Penzol, entidade que alberga
a biblioteca e arquivo do autor.