DescargasMIX queda temporalmente fóra de servizo por mor dunha reclamación do Ministerio de Cultura
mércores, 12 de febreiro do 2014
A historia da Sección Segunda da Comisión de Propiedade
Intelectual, tamén coñecida como Comisión Sinde, está a incorporar un novo
capÃtulo co xeito de actuar contra a páxina web de ligazóns a contidos
protexidos DescargasMIX, á que levaron
ao peche temporal por actuar contra a empresa na que estaba hospedada tal
páxina web, que veuse impotente ante a recepción dunha alerta por parte do Ministerio de Cultura, o que levou ao
responsable do espazo web a buscar outro provedor de servizo.
Curiosamente o administrador de DescargasMIX non recibira ningún tipo de
notificación antes de que a súa empresa de hospedaxe lle comunicase que non
seguirÃa albergando a súa páxina web, polo que non se coñece aÃnda como
rematará esta operación para protexer a propiedade intelectual, pero, polo
momento, o que xa se sabe é que está
previsto que ás 14:00 horas de mañá mesmo DescargasMIX volva a estar en liña.