Digi supera os 6 millóns de clientes
martes, 14 de novembro do 2023
- Evolución do número de clientes de Digi
O operador
Digi, de grande crecemento no mercado español durante os últimos anos e cunha notable
presenza en Galicia (especialmente nas poboacións nas que ten rede de seu), vén
de presentar os
seus últimos resultados trimestrais, nos que recollen un crecemento de clientes
un 32% superior ao mesmo perÃodo do ano anterior, pero o máis salientable é que
o incremento en máis de 337 mil clientes no terceiro trimestre do ano,
superando os 6,1 millóns de usuarios.
Concretando, ao peche de setembro Digi conta con máis de 4,45 millóns de
clientes de telefonÃa móbil, máis de 1,24 millóns de clientes de fibra e máis
de 402.000 clientes con telefonÃa fixa, facturando 166 millóns de euros no
trimestre. Facendo contas con respecto aos primeiros 9 meses do ano os ingresos
de 465 millóns de euros supoñen un incremento interanual do 30%, mentres que o
beneficio bruto de 92 millóns de euros supón un 82% máis que o mesmo perÃodo de
2022.
Cómpre constatar que Digi tamén está nun proceso de espallamento da súa rede de
fibra óptica que supuxo investimentos de máis de 231 millóns de euros nos
primeiros 9 meses do ano, o que permÃtelle ofrecer uns prezos moi agresivos e a
posibilidade de achegar conexións de até 10 Gbps aos fogares (tendo iniciado xa
probas de conexións de até 50 Gbps).