Dispoñíbel para iOS e Android unha aplicación sobre as rutas dos nosos parques naturais
luns, 8 de xullo do 2013
Os
parques naturais galegos teñen
un potencial moi a ter en conta de cara a atraer visitantes, tanto de
dentro como de fóra da nosa terra. Asumido isto, e asumido que
moitos deles traen cadanseu teléfono intelixente (e non só iso,
senón que están afeitos a darlles máis uso que para chamar e
recibir chamadas), pois case cae de caixón guialos polas devanditas
paraxes con axuda destes aparellos e de ferramentas especificamente
desenvolvidas para a situación.
Cara a achegarlles este servizo é cara onde se dirixe a iniciativa
TIC presentada estes días pola Consellería de Medio Ambiente,
que puxo en marcha unha aplicación de balde para iOS e Android con
datos sobre os roteiros que se poden percorrer dentro dos nosos
parques naturais.
Esta
guía, en galego e castelán, detalla
e empraza
os principais recursos ambientais e turísticos do Parque Nacional
das Illas Atlánticas, e os parques naturais do Complexo Dunar de
Corrubedo e Lagoas do Carregal e Vixán, as Fragas do Eume, a Baixa
Limia-Serra do Xurés, Monte Aloia, O Invernadoiro e Serra da Enciña
da Lastra. En total, sinala
Medio Ambiente,
suman 50 itinerarios que permiten percorrer 318 quilómetros de
camiños naturais. A
aplicación, engade o departamento da Xunta, “ofrece
unha descrición xeral de cada parque, información acerca da mellor
forma de realizar a visita, o clima, os servizos e os equipamentos
cos que conta cada localización, os graos de protección e as formas
de acceso”.
A
través dela, engádese, os usuarios poderán
descargarse máis de 500 fichas elaboradas con gran detalle, así
como 200 fotografías, “nas
que cada
visitante
atopará información sobre a paisaxe e o patrimonio natural e
cultural de cada parque, así como as rutas oficiais sinalizadas en
mapas con tecnoloxía de xeolocalización, fotografías e información
sobre distancias, dificultade e puntos de inicio”.
En total os seis parques naturais de Galicia e o Parque Nacional das
Illas Atlánticas ofrecen 50 rutas de diferente dificultade e para
percorrer en diferentes medios. Todas aquelas persoas que desexen
acceder a esta base de datos sobre as rutas nos parques naturais de
Galicia poden xa
descargar
para Android e
para para iOS.