Dispoñible a beta de Moonlight 2.0

luns, 17 de agosto do 2009 Marcus Fernández

A tecnoloxía Silverlight, coñecida por moitos coma o Flash de Microsoft, está máis próxima do Linux grazas á nova versión de proba de Moonlight 2.0, o software que permite correr aplicacións de Silverlight en equipos con Linux, sendo xa compatible coa meirande parte de solucións Silverlight actuais, aínda que sen soportar aínda a tecnoloxía Silverlight 3.0 (proceso no que están a avanzar paulatinamente).
A beta de Moonlight 2.0 permite tanto a reprodución de código en Silverlight coma funcionar como engadido nos navegadores web de Mozilla. Tamén informan de que a nova versión de Moonlight permite o uso de codecs Ogg, Vorbis e Dirac para reproducir ficheiros que utilicen codecs abertos.