Ditaminan o bloqueo de Goear en España
martes, 7 de abril do 2015
Despois de que se iniciase o bloqueo de The
Pirate Bay en España, chégalle agora a quenda a outra importante plataforma
para compartir contidos sonoros na web, Goear,
á que decretou bloquear a Sección Primeira da Sala do
Contencioso-administrativo da Audiencia Nacional como medida para
evitar a vulneración do copyright de
preto de catro millóns de arquivos musicais subidos polos seus usuarios sen
autorización atendendo a un recurso de apelación presentado por AGEDI
contra un auto de hai máis dun ano no que se denegaba a suspensión do servizo.
AGEDI denunciara a Goear ante a Comisión de Propiedade Intelectual, e tras
comprobarse a dispoñibilidade de numerosas referencias discográficas no
servizo, instouse á compañÃa responsable, PC Irudia, S.L., a eliminar unha
serie de contidos, o que fixeron dende os enderezos indicados, pero mantendo as
cancións dispoñibles noutros enderezos dentro da súa plataforma, localizables
de xeito doado a través do seu motor de busca, o que provocou unha segunda
denuncia contra Goear que atendeuse a favor da parte demandante.
Deste xeito, o acceso a Goear bloquearase dende España, o que tamén pecha a
billa a numerosos contidos que figuran en Goear e que non vulneran os dereitos
de autor, senón que empregaban esta plataforma para poder reproducir son a
través da web, o que claramente prexudica a moitos usuarios, xa que a
incrustación sonora carece dunha plataforma equivalente ao YouTube, que faga
doado compartir audio na web.
- Goear é un dos poucos servizos que facilita compartir audio na web