Duplícanse as visitas á web do INEGA

luns, 27 de febreiro do 2012 Redacción

O INEGA fixo reconto esta fin de semana do acadado a nivel de visitas a través da súa web, renovada recentemente pola Consellería de Economía, departamento do que depende. Segundo fai saber o devandito instituto nun comunicado, a páxina en cuestión, remodelada en abril do ano pasado, duplicou o seu número de visitas no mes de xaneiro. Deste xeito, engádese, “se a páxina viña rexistrando unha media mensual dunhas 22.000 visitas, durante o mes pasado sumou máis de 42.300”. Este suba vén motivada sobre todo polo interese xerado polos plans renove de Equipos de Iluminación Interior, de Climatización e de Fiestras, que teñen como obxectivo “potenciar o aforro e a eficiencia enerxética”.
E continúa o INEGA: “Esta elevada demanda de consultas recibidas na nova web avala as reformas e melloras introducidas, tanto no deseño, mellorando a usabilidade e o acceso á información como nos contidos”.

PUBLICIDADE