En marcha unha rede social na que os membros publican unha imaxe cada dÃa da súa vida cotiá
venres, 12 de xullo do 2013
Baseado no coñecemento xerado por César
Kuriyama (unha bagaxe de experiencias arredor do rexistro en
vÃdeo dun anaco miúdo do tempo de cada dÃa da súa vida: un
segundo), vén de pórse en marcha un proxecto innovador destinado a
estender o acadado por César (esa documentación e presentación en
mÃnimos formatos de en que consiste a nosa existencia) ao común dos
internautas. O proxecto chámase picyourday.com
e vén da man de Ignacio Pérez, que decidiu polo en marcha logo de
darse de fociños cun vÃdeo no que César daba conta da súa
proposta. Picyourday.com achega a
posibilidade de subirmos unha imaxe dos noso quefacer cotián á Rede
para logo compartila cos nosos contactos. Coma unha mestura de
Flickr (polo que ten de álbum de fotos colectivo) e Twitter (polo
que ten de procurar a esencia das mensaxes, deixándoas no mÃnimo
indispensábel, neste caso unha foto).
A
iniciativa, ademais, ten un compoñente de proximidade que cómpre
ter en conta. Non se trata de retratar unha vez tras outra o mesmo
monumento, xa de abondo retratado, senón de achegar xanelas ao
xeralmente nunca visto polos demais, a vida sinxela de cada quen.
Estamos polo tanto ante unha rede social, con todas as da lei, pero
con certos matices que a fan moi singular. Por exemplo: só se nos
vai permitir publicar unha imaxe por xornada. A rede, que se presenta
en castelán e inglés, diferénciase doutras iniciativas do seu
estilo, a maiores, por ser unha rede plural e diversa (aquà quérese
que haxa homes e mulleres de tódolos paÃses e culturas compartindo
os intres que máis os definen).