Entregados os diplomas do primeiro campamento cientÃfico D´Tec
mércores, 5 de abril do 2023
O
vicepresidente primeiro e conselleiro de EconomÃa, Industria e
Innovación, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial
da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, entregou este mércores 5 de
abril os diplomas aos 25 mozos e mozas participantes no primeiro
campamento
cientÃfico D´Tec, organizado pola Axencia Galega de Innovación
(GAIN) en colaboración co CIS TecnoloxÃa e Deseño.
Trátase
dun programa de actividades para achegar os rapaces e rapazas a
ámbitos como o deseño industrial, a impresión 3D, a Realidade
Aumentada e Virtual e a programación e ciberseguridade, guiados en
todo o proceso de aprendizaxe por monitores con ampla experiencia en
educación STEM (ciencia, tecnoloxÃa, enxeñarÃa e matemáticas).
O
campamento levouse a cabo durante os dÃas 3, 4 e 5 de abril de 2023.
Estivo aberto a todo o alumnado de Educación Secundaria obrigatoria
interesado por estes campos de coñecemento. En horario de 10 a 14
horas, e agrupados por niveis de idade, os participantes
aproximáronse de forma práctica aos materiais innovadores, as novas
tecnoloxÃas e o deseño.