Entrégase o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
venres, 27 de outubro do 2017
Hoxe fallouse o premio da X edición do Premio ao mellor
Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado pola AMTEGA coa colaboración
da Oficina de Software Libre do CIXUG, recaendo
o primeiro premio en Pablo Grela Palleiro, da Universidade de A Coruña polo
proxecto Radiocom consistente nunha aplicación móbil para unha radio
comunitaria que permite escoitar podcast, streaming,
ver a programación da semana, reportar incidencias, solicitar recursos e poder
acceder de maneira áxil aos programas. Este recoñecemento ten unha dotación
económica de 1.500 euros achegada polo CIXUG ao abeiro do Convenio de
colaboración asinado coa AMTEGA.
Ademais, concedeuse tamén un segundo premio a segundo premio
a Michael GarcÃa RodrÃguez da Universidade de Vigo polo proxecto Estudo da
reproducibilidade do CMIP5 consistente nun estudo realizado sobre os modelos
pertencentes ao CMIP5 acerca da súa reproducibilidade cientÃfica, centrándose
na dispoñibilidade do código do modelo e da calidade do mesmo, cunha dotación
económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL, colaboradora da iniciativa ao
abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.
Finalistas
Os outros finalistas do premio, a quen o xurado felicitou
polo seu traballo foron:
– Óscar Núñez Aguado. Web do audiovisual
escolar galego. Unha aplicación web que permite xestionar unha videoteca e
organizar concursos audiovisuais relacionados con contornas escolares.
– Daniel Pereira Alonso. GASATaD.
Proxecto que permite procesar ficheiros CSV ou XLSX e xerar diferentes tests
estatÃsticos e gráficos a partir dos seus datos.
Xurado
O xurado estivo composto por Nieves Pedreira Souto en representación da Universidade da Coruña; José Varela Pet en representación da Universidade de Santiago de Compostela; Francisco Javier RodrÃguez MartÃnez en representación da Universidade de Vigo; David Maseda Neira en representación da Asociación de Programadores e Usuarios de Linux, GPUL; Breogán Cinza Cabarcos en representación da AMTEGA e Mar Castro Pereiro en representación da Oficina de Software Libre da AMTEGA.
