Estafan 160.000 euros a unha veciña de Boiro en compras nunha web de segunda man
venres, 11 de agosto do 2023
A Garda Civil da Coruña investigou a cinco persoas como supostos
autores dun delito de estafa, outro de branqueo de capitais e un
terceiro de pertenza a grupo criminal na fase de explotación da
operación Grubulus, que se iniciou por mor da denuncia interposta por
unha veciña de Boiro na que indicaba a existencia de transferencias non
autorizadas na súa conta bancaria por un importe total de 160.000 euros.
Unha vez constada a veracidade dos feitos, o modus operandi da estafa
consistÃa en ofrecer produtos a través de páxinas de compravenda de
segunda man na internet.
Os investigados procedÃan posteriormente a enviar diversos códigos ao
teléfono da vÃtima simulando a recepción do pago. A mensaxe contiña
unha ligazón a unha pasarela de pago maliciosa a través do cal obtiñan
desta forma as claves de usuario, asà como a autorización da plataforma
da entidade bancaria da vÃtima.
Unha vez completado este paso, realizaban transferencias desde a
conta sen autorización, distribuÃndo os importes das mesmas entre
diversas contas do grupo co obxectivo de fragmentar os importes en
multitude de transferencia. Froito do traballo de campo realizado,
lograron a identificación dos presuntos autores do ilÃcito, veciños da
Coruña, Alacante, Valencia e Xirona, asà como a recuperación de 23.000
euros. Os investigados foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución
nº1 de Padrón.