Estrean un Monopoly en liña baseado en Google Maps
xoves, 10 de setembro do 2009
Hasbro decidiu sorprender
ao mundo presentando unha versión do seu célebre Monopoly
facendo uso da tecnoloxÃa de Google Maps, de xeito que durante un tempo limitado
(4 meses) poderase xogar de balde a un Monopoly
en liña baseado en rúas reais, seguindo unha mecánica moi semellante á do xogo
orixinal, pero que está
a ter moitos problemas de funcionamento dende o seu lanzamento este
mércores, de xeito que resulta case imposible probar as posibilidades deste Monopoly
City Streets por mor do seu éxito.
Para participar neste xogo hai que darse de alta e logo botarse a mercar
propiedades por todo o mundo valéndonos dun saldo inicial de 3 millóns de
dólares, aÃnda que para poder gozar deste xogo será preciso conectarse ao mesmo
cada dÃa, para poder atender ás distintas operacións de compra-venda-aluguer do
mesmo.
- Este Monopoly en liña está a dar bastantes problemas por mor do seu éxito